Actuacións
O programa Cidades Dixitais é un programa de telecomunicacións e social que ten por obxectivo a promoción e implantación da sociedade da información, nun contorno local, incluíndo temas tales como teleadministración, comercio/negocio electrónico, teletraballo, teleformación, telemedicina, xestión de servizos de uso público, aplicacións para colectivos con requirimentos especiais, cultura, turismo e lecer, contorno doméstico e móbil, etc. Todo isto baseado en redes de telecomunicacións de alta velocidade.
É fundamental conseguir un efecto de demostración que poida servir para inducir, propiciar e orientar outras iniciativas no resto da Comunidade Autónoma de Galicia e de España, e que a cidadanía, empresas e institucións se beneficien da aplicación das novas tecnoloxías en todos os ámbitos sociais e económicos, comprobando nunha situación real as vantaxes da sociedade da información, mediante a utilización de servizos avanzados de telecomunicacións.
Os destinatarios deste proxecto son todos os habitantes, empresas e institucións do concello da Estrada.
O orzamento do proxecto ascende, nunha primeira fase, a 5.220.869 €.
As achegas, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, da Consellería de Innovación e Industria,
Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información,
da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello da Estrada son as seguintes:
| Ministerio de Industria, Turismo e Comercio | 2.610.869 |
| Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo | 540.000 |
| Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local | 180.000 |
| Consellería de Innovación e Industria,
Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información |
180.000 |
| Concello da Estrada | 1.530.000 |
| Deputac. Prov. de Pontevedra | 180.000 |
| Total administracións públicas | 5.220.869 |
Actuación nº 1. Formación
Actuación nº 2. Infraestrutura de rede e equipamento.
Actuación nº 3. Teleadministracción.
Actuación nº 4. Dinamización social para a sociedade da información.
Actuación nº 5. Plan de marketing e promoción.
Actuación nº 3. Posta en marcha e operatividade do proxecto Estrada Dixital.