Dinamización Social
Obxectivos: creación dunha comunidade virtual que aglutine todos os estradenses e os seus procesos, para a xeración de riqueza no ámbito local, tanto cultural coma social, a promoción de proxectos empresariais ligados ás novas tecnoloxías, así como a dinamización laboral da Estrada baseándose en medios electrónicos.
Colectivos aos que se dirixe: poboación en xeral, emprendedores locais, administración electrónica, empresas locais do moble, de turismo rural e servizos relacionados, comercio retallista local, propietarios de explotacións agrarias e colectivos do sector educativo.
5.1.- Dinamización do contorno económico: nesta subactuación integraranse, entre outras, as iniciativas Moblenet e Plataforma Horizontal da Asociación Comarcal de Empresarios.
5.2.- Accións sociais emprendedoras: Intregraranse actuacións, tales como: Viveiro de empresas, Teleduca (plataforma de procesos e contidos educativos da Cidade Dixital), Comercia (centro comercial virtual), EstradaVerde (portal de turismo rural) e outras iniciativas de contido social