aestradadixital pon a disposición das pymes locais unha web propia baixo o dominio aestrada.com
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa chamado Emprend@
|
O equipo de aestradadixital ca ten ultimadas as bases do programa Emprend@, unha iniciativa dirixida á pequena e mediana empresa do municipio. Estas entidades poderán contar coa súa propia páxina web de xeito gratuito, co dominio aestrada.com. Aestradadixital ofrecerá ás empresas o deseño das súas páxinas que se aloxarán no servidor do programa estradense, sen custe algún. Se algunha das empresas tivera xa o seu propio dominio, éste poderíase redirixir. Xa hay plantillas predeseñadas con páxinas experimentais segundo o tipo de empresa. O modelo sería: http://nomedaempresa.aestrada.com. Dende hoxe, na páxina www.aestradadixital.org, quedarán colgadas as bases do programa, o formulario de solicitudes e tamén as plantillas predeseñadas, para que os empresarios se fagan unha idea. En breve A Estrada Dixital poñerá en marcha unha campaña informativa no sector para dar maior difusión a esta iniciativa, que pretende dotar ó maior número posible de pymes dun portal propio, a través deste subdominio. Prazo de inscrición: Ata finais de ano Aestradadixital oferta a creación gratuita das páxinas, que se aloxarán no servidor web gratis durante alomenos un ano. O plazo para acollerse a este programa remata o 31 de decembro deste mesmo ano, aínda que se prevé prorroga-lo programa cunha nova fase. Na súa páxina, as empresas poderán contar con ata cinco contas de correo electrónico. Ademais, os empresarios terán acceso restrinxido ó xestor de contidos da web de A Estrada Dixital, para poder actualizar as páxinas, un proceso moi sinxelo. Todos aqueles que participen terán dereito á inscripción en cursos para realizar estas actualizacións ademais de contar cun manual para o correcto funcionamento do proceso.
Requisitos e solicitudesEntre os requisitos que figuran nas bases do programa Emprend@ destacan: -As webs deberán incorpora-lo logotipo de A Estrada Dixital -Os empresarios deberán aportar toda canta información sexa necearios (textos, material gráfico do seu establecementos e aquela información que desexen incorporar) As solicitudes xa poden recollerse nas oficinas do programa, na Avda Benito Vigo nº104 2º andar, ou ben descargalas na web www.aestradadixital.org. Deberán ir acompañadas do CIF/NIF da empresa e no seu caso da fotocopia do DNI do seu representante legal. Para obter máis información ou aclarar dúbidas, tamén se pon da disposición do sector unha dirección de e-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla .
Exemplo de plantilla:
|
Exemplos de plantillas
|
|||||||||||||
|
|







