Formación
Obxectivo: plan de formación dirixido a todos os sectores sociais.
Referencia de execución: a formación contémplase como o eixe fundamental do proxecto, xa que unha cidade dixital debe contar coa participación da sociedade no seu conxunto, poboación que na actualidade atopa dificultades de acceso aos servizos da sociedade da información.
Preténdense incorporar as academias e centros de formación locais á execución dos plans de formación e utilizar os centros sociais das parroquias rurais para impartir neles as accións formativas á poboación máis afastada do núcleo urbano.
Colectivos aos que se dirixe: toda a poboación estradense, malia que se contempla a prestación de cursos específicos por sectores, tales como cidadáns en xeral, empresarios, persoal das administracións públicas, etc.
Inclúe: cursos de alfabetización dixital ou costume dixital, cursos plan de formación de formadores e aprendizaxe a través de medios telemáticos (e-learning).