A Fundación Cultural comeza o proceso de substitución dos seus radioenlaces, para mellorar o servizo de internet
A Fundación Cultural da Estrada levará a cabo a substitución dos radioenlaces a través dos cales ofrece o seu servizo aestradadixital, no entorno rural. Será a través dun proxecto que o Concello incluíu no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL), valorado en 30.700 euros.
Procedemento para configurar de xeito manual a conexión inalámbrica á rede de aestradadixital sen precisar kit de usuario
aestradadixital pon en coñecemento dos usuarios un xeito de conectar coa rede inalámbrica denominada aestrada_PLATA
Un sistema non recomendado e só para usuarios avanzados que empreguen windows xp e que dispoñan de cobertura suficiente para que o sistema funcione de xeito adecuado. O sistema de cifrado empregado por aestradadixital garante a seguridade nas comunicacións dos veciños pero que a conexión sexa moi fluída e consecuentemente o sinal deberá ser realmente boa, debido a un continuo fluxo de datos existente entre o ordenador e o servidor central.
Con esta medida preténdese financiar a calquera residente en territorio española adquisición de equipamento informático e alta en servizo de acceso a lnternet de banda ancha.
Prazo de formalización do préstamo: Do 01/09/2006 ata o 31/12/2010 ou esgotamento de fondos.