‘aestradadixital’ é unha actividade da Fundación Cultural A Estrada, entidade sen ánimo de lucro dependente do Excmo. Concello da Estrada.  Outras actividades da Fundación son: Radio Estrada, Tequexetéldere(agrupación folklórica), Escola de Artes Escénicas, Coral Polifónica Estradense,  Mome(Museo do moble e da madeira), Museo Reimóndez Portela, Formación, Publicacións, Abergue de Sabucedo e últimamente estase a consolidar a actividade de servizo de Emprego.

‘aestradadixital’ é un operador municipal de internet.   Naceu dun proxecto tecnolóxico europeo, tamén denominado ‘aestradadixital’ que consistíu en poñer en marcha múltiples actuacións relacionadas coas novas tecnoloxías, coa intención de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías e á Sociedade da Información ós estradenses. 

Todas as actuacións tiñan un carácter demostrador, sendo a máis suliñable e durareira no tempo a implantación dunha Rede Sen Fíos por todo o noso municipio co obxectivo de oferir unha conexión universal a internet, tendo en conta que, nunha boa parte do entorno rural o acceso a Internet é limitado ou inexistente.

Actualmente, a Rede sen Fíos de ‘aestradadixital’ espállase por prácticamente todo o municipio e incluso por concellos limítrofes como Vedra, Padrón e Teo dando cobertura a máis de 2.000 usuarios.

As tecnoloxías empregadas son diversas;  Wifi en 5GHz, Wimax en 5GHz e enlaces en banda licenzada.  Tamén se empregan aneis de fibra óptica no casco urbán da Estrada que serven para conectar os edificios municipais e os propios nodos da rede sen fíos. 

A infraestrutura tecnóloxica que dispón e que ten o seu centro neurálxico no Centro de Procesamento de Datos, resulta de última xeración e con todos os dispositivos necesarios similares os de calquera operador de internet convencional.  Esta infraestrutura tamén serve para albergar os servizos tecnolóxicos do propio Concello da Estrada, o cal se atopa conectado con fibra óptica, permitindo engadir funcionalidades como a telefonía IP, entre outras.