Teleadministración
Obxectivo: achegar os procedementos administrativos ao cidadán, de maneira que a Administración sexa accesible a través das novas tecnoloxías.
Referencia de execución: procesos básicos como empadroamento, solicitude de información, presentación de avais e pagamento de impostos.
Colectivos aos que se dirixe: usuarios, empresas e colectivos estradenses
4.1.- Experiencia piloto de modernización municipal. Abrangue: auditoría previa, ERP municipal que dotará ao concello das aplicacións necesarias para poder ofrecer aos cidadáns servizos de teleadministración.
4.2.- E-concello: Esta iniciativa inclúe, entre outras, as seguintes actuacións: realización telemática de procesos básicos como empadroamento, solicitude de información, presentación de avais, pagamento de impostos, etc.